17/05/26

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas e tomando como inspiración a figura de Begoña Camaño,  naceu no noso centro O PODCAST COVASMOLA.

Creamos un pequeno espazo de gravación na biblioteca do centro, transformándoa nun auténtico estudio radiofónico por uns días. Ao longo da xornada, cada curso foi realizando diferentes entrevistas a membros da comunidade educativa, abordando temas diversos e de gran interese. Ademais, tamén contamos coa participación das familias e do alumnado dende as súas casas, elaborando entrevistas a persoas da súa contorna sobre profesións, experiencias e temas da súa elección.  




A continuación, deixamos o enlace para acceder a todas as entrevistas realizadas, tanto as gravadas no centro como as elaboradas dende a casa.  

CANLE PODCAST COVASMOLA: https://www.youtube.com/playlist?list=PLEg2thi3lWZUIBtCZLhxv4CS5dpWybJky

Para completar esta celebración tan especial, quixemos render homenaxe tamén á nosa bandeira. O alumnado de Primaria acudiu vestido de branco e o alumnado de Infantil de azul para representar a bandeira de Galicia no patio do centro. Con todos e todas xuntos realizouse unha fotografía con vista aérea que deixamos a continuación como recordo desta xornada dedicada á nosa lingua e á nosa cultura.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Ningún comentario: