Con motivo do día do libro, o alumnado de terceiro de Primaria levou a cabo unha pequena obra de teatro baseada no conto tradicional da Carapuchiña Vermella, mais cunha versión diferente e moi especial. Ao longo da representación, os nenos e nenas deron vida aos personaxes do conto, interpretándoos dunha forma orixinal e sorprendente que non deixou indiferente ao público!
Esta actividade foi representada tanto para o alumnado do centro como para as familias dos protagonistas, que puideron gozar do traballo realizado e da ilusión dos nenos e nenas!
Cómpre destacar que este conto está adaptado con pictogramas a través do programa Escolas Visuais, o que contribúe a facelo máis accesible e inclusivo para todo o alumnado.
Vaia espectáculo!

.jpeg)

.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario