Para conmemorar o Día de Rosalía e o Día da Lingua Materna (21/02/2025), este venres e durante toda a semana, o alumnado do cole fixo varias actividades: 🌹🌹
- Coñeceron a vida e obra de Rosalía.
- Fixeron diferentes obras plásticas.
- Traballaron os seus poemas.
- Fixeron rosas onde escribiron versos do libro "Parece unha rosa" que levaron na solapa este venres.
- O alumnado de terceiro de primaria recitou "Parece unha rosa" que gravamos en vídeo e proxectamos o venres nas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario