Hoxe conmemoramos o Día da Paz e a non violencia no cole coa actividade "Sementando a Paz".
Seguindo a temática do noso PDI "Florece Covasmola", cada aula preparou un centro de flores onde escribiron palabras e frases para fomentar a paz na escola, cos compañeiros e compañeiras.
Desde a biblioteca, as súas colaboradoras, propuxeron facer lirios brancos e levaron a cada clase un libro coa temática da paz para ler tod@s xunt@s.
E, por suposto, tamén bailamos pola paz!!! 💖💖💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario