O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das persoas con diversiddade funcional con varias actividades:
- O alumnado de 6º, fixo un obradoiro de cerámica con ASPANANE. Foi unha xornada moi enriquecedora!!!
- Badir, usuario de ASPANANE e Lara, a concelleira de cultura do Concello de Viveiro, trouxéronnos varios libros sobre o Sindrome de Down para a nosa biblioteca e pasaron un rato moi agradable con nós!
- O alumnado de infantil, aprendeu a facer o seu nome con Braille, fixeron unhas bolboretas pola inclusión e todo o alumnado do cole colaborou para facer unha cartelería para o cole máis inclusiva con pictogramas, alfabeto dactilológico e Braille, que xa temos colacados polas dependencias do noso cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario