O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos precisábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.
Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado disfrazámonos de bruxos e bruxas.
No patio, en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos, queimamos os nosos medos escritos nunhas siluetas de cartolina (pantasmas, esqueletos, morcegos...) .
Despois bailamos cancións en inglés e en galego.
Foi unha festa TERRORÍFICA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario