
A Biblioteca Municipal de Viveiro convoca un concurso para elexir a súa mascota.
- Concurso dirixido aos nenose nenas de primaria (6 a 12 anos) dos colexios do concello.
- Debuxos orixinais, que non se presentaran a outros concursos. Feitos nun folio DIN-4, na técnica que se queira, pero que poida reproducirse. Non se realizarán con ordenador.
- O tema da mascota será a lectura, os libros e a biblioteca.
- Os debuxos enviaranse ao correo electrónico da Biblioteca de Viveiro: biblioteca.viveiro@viveiro.es. Nese correo debeán figurar os seguintes datos do participante:
- Nome e apelidos
- Idade
- Enderezo
- Teléfono
- Nome do seu centro de ensino
- Só poderá presentarse un debuxo por participante.
- O prazo remata o 13 de abril de 2020.
- Estas bases publicaranse na web do concello e no tablón de anuncios da sede electrónica do concello.
- Valorarase a orixinalidade e a calidade dos debuxos.
- Establécese un único premio dun lote de libros para o debuxo que resulte gañador, que será entregado en acto público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario