28/03/19

SEMANA DA PRENSA

Celebramos a semana da prensa con moitas actividades nas aulas tanto con xornais impresos como dixitais e en diferentes idiomas... Como broche final tivemos a visita do director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira.
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
 O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos e fixeron unha morea de preguntas.
Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" no que estamos a traballar.


Na área de Educación Física fixeron disfraces cos xornais de xeito cooperativo.
 Tamén xogaron empregando os xornais como material lúdico: carreiras cos xornais pegados, como cesta para xogar coa pelota, como raqueta....




Ningún comentario: