Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria visitaron a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro, dentro da campaña Mares de cultura.
Primeiro, Carlos fíxolles unha presentación na que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles,como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral,.. Tamén viron diferentes tipos de corais.
Despois visitaron a granxa e finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario