O Meco este ano convirtiuse nun dragón, xa que está relacionado co proxecto da biblioteca sobre "Os seres fantásticos".
As coplas fixeron alusión á paz (coincidindo coa celebración dese día) e o último día deixounos disfrazar ao noso gusto.
Vimos dende sevillanas ata momias, moitos superheroes e ata cabalos.
Comimos lambetadas e bailamos en parellas, grupos e todo o colexio.
Tamén fixemos un desfile por clases.
Na área de Educación Física elaboramos disfraces con xornais vellos e os nenos e nenas de 4º curso de primaria investigaron sobre outras maneiras de celebrar o Entroido en Galicia (os Peliqueiros de Laza)
Pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario