Hoxe recibimos a maxia do teatro de monicreques feitos de xeito artesanal da man de Micromina títeres e a súa obra "Raio de Loubican".
Que ben o pasamos e descubrimos algún dos segredos do manexo dos monicreques!! 😉😉
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Hoxe recibimos a maxia do teatro de monicreques feitos de xeito artesanal da man de Micromina títeres e a súa obra "Raio de Loubican".
Que ben o pasamos e descubrimos algún dos segredos do manexo dos monicreques!! 😉😉
Este martes, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixemos un pequeno obradoiro no que aprendimos a crear regueifas con Teatro das Cortes.
Quedáronnos unhas regueifas ben xeitosas!!! 😍😍😍
Como remate do PDI da Bibliocovas, cada aula elaborou un mural coa herba que recolleron e este luns explicáronlla ao resto do cole.
- Infantil: fiúncho.
- 1º: herba Luísa.
- 2º: fento macho.
- 3º: romeu.
- 4º: xesta.
- 5º: herba de San Xoán.
- 6º: malva
Canto aprendimos das Herbas de San Xoán e que ben o fixeron!!! 👏🌸🌿🌺
Enmarcamos esta actividade dentro do noso PDI da Biblioteca "Florece Covasmola".
En Covas celebramos o San Xoán, por iso traballamos esta tradición recollendo as sete herbas de San Xoán entre todas as aulas: fiúncho, herba luísa, fento macho, romeu, xesta, herba de San Xoán e malva, deixámolas toda a noite a remollo con auga da fonte, custodiadas pola nosa Rosalía e o venres pola mañá lavamos a cara cumprindo coa tradición!
Cada aula fixo un mural para expoñer o vindeiro luns e explicar ao resto do alumnado todo o que aprenderon sobre cada herba.
Que vivan as nosas tradicións e que viva o San Xoán de Covas!!! 🔥🔥🔥








Último programa deste curso onde o alumnado de 5º e 6º fala do patio, dos libros recomendados e fan unha entrevista a Nikita.