20/12/24

LECTURA E FAMILIAS: "Á LUZ DA CANDEA"

Este luns, o alumnado do cole representou un conto por aula para as familias e despois fixemos un obradoiro de candeas, dentro do programa Lectura e familias da nosa Bibliocovas. Un grupo de "xornalistas" acreditados/as de sexto, documentaron todo o proceso en vídeo e por escrito e no seguinte enlace está o resultado.

Estes contos forman parte das recomendacións lectoras da nosa Bibliocovas para o Nadal.

Gracias ás familias por asistir, a acollida foi enorme!!! 👏👏👏

Á LUZ DA CANDEA 

19/12/24

SAÍDA AO BELÉN DE VIVEIRO

 Este mércores todo o cole fixemos unha camiñata ata o Belén xigante de Viveiro, o alumnado de Primaria foi camiñando e o de Infantil foi en autobús. Canto nos gusta visitar todo o que nos ofrece a nosa contorna!!!! 💚💚💚















17/12/24

VISITA DO APALPADOR

Hoxe, o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria, recibiu a visita do Apalpador, escoitaron con atención a súa historia, cantaron con el e entregáronlle as súas cartas.

Grazas aos usuarios e traballadores da residencia de anciáns Domus VI por facer posible un ano máis esta pequena convivencia entre os nosos maiores e as nosas crianzas!! 😍😍








FELICITACIÓNS DE NADAL

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, elaborou no Contexto lingüístico unhas felicitacións de Nadal con moito agarimo para enviar por correo a ASPANANE e ao centro de maiores Domus VI. Esperamos que as reciban con moita ilusión!!!


14/12/24

CORRESPONDENCIA INTERCENTROS

O alumnado de 6º de Primaria, iniciou este curso unha correspondencia por carta co alumnado de 6º do CEIP Carrasqueira de Vigo onde intercambian información sobre os seus coles, as súas vilas, aficións, gustos, comidas favoritas, series, películas, videoxogos, libros, deportes, os seus amigos,... e todo iso en galego!!!

Unha oportunidade estupenda para coñecer outros coles e facer novas amistades!


13/12/24

DECORACIÓN NADAL

 Este mes de decembro a nova ANPA do cole fixo un agasallo precioso á comunidade educativa: decoraron todo o cole con motivos de Nadal!!! Quedou precioso!!! Grazas á nosa ANPA, xuntos somos un equipo!!!💖💖💖 






Dende Voz Natura levaron a cabo a actividade: "Nadal den residuos", en colaboración coas familias do alumnado decoramos un recuncho na entrada do cole con adornos de Nadal feitos con materiais reciclados. Unha vez máis a colaboración e a creatividade das familias foi asombrosa! Grazas, familias!!! 😍😍😍