05/12/24

VISITA GUIADA A VIVEIRO

Este mércores, o alumnado de 5° e 6° fixo unha visita guiada por Viveiro, organizada pola nosa ANPA. Aprenderon moito sobre a nosa historia e descubriron un montón de curiosidades da nosa vila. 

Grazas á ANPA por esta actividade! 😍
































02/12/24

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de novembro, fixemos moitas actividades no Contexto Científico que nos serviron para conmemorar o Mes da ciencia e, de paso, aprender experimentando:




- 5º e 6º: Visualización de células vexetais a través da pel da cebola no microscopio:



- 3º e 4º: Creación dun ecosistema dentro dunha botella pechada e formulación de hipótesis se sobrevivían ou non:


- Extracción da clorofila das follas das espinacas para comprobar se podía tinguir algún elemento:


- A respiración das prantas cun experimento con bicarbonato:

- Tintura de flores brancas para comprobar como absorben da auga a cor e que chega ata os pétalos da flor.

27/11/24

OS NOSOS REFRÁNS DE OUTONO 🍂🍁🍄🌰

O alumnado de 3° e 4° de Primaria, recítannos os refráns de outono que traballaron coas familias para o Magosto. 😍😍😍

Todos os refráns que trouxo o alumnado do cole,  foron encadernados e pasan a formar parte do fondo literario da nosa Biblioteca! 📚📒📖



26/11/24

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, 25 N

Desde a Biblioteca presentáronnos as violetas para conmemorar esta data: 

VIOLETAS 25 N












O alumnado de infantil fixo unhas pulseiras:


Tivemos a visita de Anxo Moure cun obradoiro de corazóns de papel reciclado e un contacontos sobre solidariedade, as guerras e a violencia de xénero: