21/05/24

VISITA ÁS MINAS DA SILVAROSA

 Hoxe o alumnado de 6º visitou, xunto con outros centros da contorna, as minas da Silvarosa. Foi unha visita xeolóxica chamada "O meu primeiro xeoldía", organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia co apoio do Concello de Viveiro e da Comunidade de Montes de Vieiro. As minas da Silvarosa foron as minas de ferro máis importantes que houbo a principios do século XX en Galicia. É importante poñer en valor e coñecer a nosa contorna e dar a coñecer o noso pasado ás novas xeracións.

Foi unha visita moi interesante! 















17/05/24

LETRAS GALEGAS 2024

E chegou o noso día, o día das nosas letras, As Letras Galegas!!!! 💙💙💙

Para conmemorar esta data tan especial, publicamos un novo número do noso xornal: "O CHARLATÁN DE COVAS". 

Nesta ocasión, @s nos@s alumn@s convertéronse en xornalistas. Para iso investigaron como son os xornais, as súas partes, o tipo de novas que se publican, as diferentes seccións,... tanto en papel coma en formato dixital. Cada aula encargouse dunha das seccións do xornal e escribiron as novas que elexiron, tanto reais coma inventadas. 

Vaia canteira de xornalistas temos no noso cole!!!! 😍🔍📰

Xornal O Charlatán de Covas

Ademais do xornal, fixemos moitas máis actividades ao longo da semana: carteis sobre a vida e obra de Luisa Villalta, lectura dalgunhas das súas obras, fixemos uns mapas de Galicia coa impresora 3D e enchemos a data do 17 de maio cos lapis 3D, coñecimos a Luisa Villalta a través de diferentes formatos: fichas con pictogramas, cómics, vídeos, panel de robótica co TALE BOT, xogos na pizarra dixital,...

Que divertido é aprender xogando!!!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!! 💙💙💙




























16/05/24

A LOITA COAS CACAS

 O alumnado de 1º de Primaria, gravou un vídeo para publicar no noso xornal "O Charlatán de Covas" co obxectivo de concienciar á cidadanía da importancia de recoller os excrementos dos cans e evitar que ensucien as beirarrúas polas que pasamos cada día.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBFOBIA

 Para conmemorar o Día Internacional contra a LGTBfobia, inauguramos no patio un banco deseñado e pintado polo alumnado de 5º de Primaria, reivindicando así os dereitos das persoas homosexuais, transexuais e bisexuais.



13/05/24

SAÍDA DE 1° E 2° A VEGADEO

 O alumnado de 1º e 2º de Primaria, visitou este luns o Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo. Realizaron a actividade chamada "O supermercado". Primeiro clasificaron os alimentos segundo os seus tipos usando unha ruleta. Despois elaboraron menús saudables e fixeron a lista da compra. Por último foron ao "supermercado" para coller os produtos que anotaron na lista da compra e pasaron pola caixa para pagalos.

Pasámolo xenial! 😀😀😀