16/11/23

"O MUNDO DAS ABELLAS": OBRADOIRO DE MEL. VOZ NATURA.

 O alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron a sorte de coñecer, da man de Javier Carreiras e da súa empresa “O poder das flores”, o traballo e utensilios que empregan os abelleiros. Así como todo o proceso que vai dende que as abellas extraen o néctar das flores ata a súa recolección e posterior envasado para comercializar. Puideron ver de primeira man un panel real con mel e facer unha cata de diversos tipos de mel (eucalipto, breixo, castiñeiro e multifloral) recolectado na mariña lucense. 

Algúns/Algunhas ata repetiron e outros cambiaron de parecer sobre o mel. 

Toda unha experiencia diferente que nos encantou.






12/11/23

MAGOSTO

Este venres día 10, celebramos o noso Magosto! 🌰🌰🌰 Nin a choiva puido estragarnos a celebración, tiñamos "Plan B"!!! ⛆☔

- Preparamos un "Photocall" co tren das castañas e a nosa castañeira particular:







- Durante toda a semana traballamos o Magosto nas aulas. O EDLG proporcionou ao profesorado material diverso sobre a temática do Magosto: textos, debuxos, pasatempos,...

- O venres participamos nos xogos populares. Como estaba a chover, tivemos que adaptar os xogos ao interior do cole e reducir o número por falta de espazo. Todas as aulas foron pasando por quendas polos catro xogos. Se chove, que chova!!!! ⛆⛆⛆

* En primaria: os zancos, a corda, os birlos e encestar na ra.

 





* En infantil: encestar na ra, os zancos, as catro esquinitas con aros e o escondite inglés.









- Antes do recreo degustamos as castañas nas aulas. Grazas á Panadería de Covas por colaborar con nós cada ano e asarnos as castañas. Que ricas estaban!!! 🌰😋




- No momento da activación, xuntámonos todo o cole no patio cuberto para bailar e cantar a canción "Vive o Magosto". 🎤🎵🎶


- Máis fotiños do noso Magosto:


01/11/23

SAMAÍN

SAMAÍN ZOMBIE 2023

Chegou o Samaín ao noso cole!!!! 👏💀🎃 Para festexalo fixemos unha chea de actividades:

- Pedimos ás nosas familias colaboración para facer unha exposición na cristaleira da entrada do colexio. A idea era facer manualidades en familia coa temática de Samaín, con material de refugallo, seguindo as nosas premisas Covasmola de reciclar e reutilizar. A participación foi extraordinaria!!!!! Grazas familias pola vosa colaboración!!!


- O EDLG ofreceu ás titorías diferentes propostas de material en galego relacionadas co Samaín para utilizar nas aulas (Breakout, libriño do Samaín, fichas de comprensión lectora, actividades con cancións,...)

- O martes 31 fixemos a celebración do Samaín no cole. A temática deste curso foron os "Zombies". O alumnado e profesorado acudimos ao colexio caracterizados con roupa reciclada e reutilizada. Os zombies invadiron o noso cole!!!! Que medo!!!! 😱😱

- Ao longo da mañá fixemos unha "Gymkana Zombie" con catro probas diferentes, dando así protagonismo ao xogo e a gamificación como base da actividade, seguindo as premisas do noso proxecto "Covasmola 3.0". As probas foron as seguintes:

    * "Pesca ollos zombie": tiñan que pescar coas cañas uns "ollos" decorados por eles/elas previamente nas aulas.

    * "Samaín dixital": xogos de robótica e nas tablets con vocabulario e temática de Samaín en galego.

    * "Aros musicais terroríficos": similar ao "xogo das cadeiras" pero con aros e con música de Samaín en galego.

    * "Circuito caza bichos": tiñan que facer un circuito polo ximnasio e, ao final, "cazar" bichos cun zalabardo.

Pasárono xenial!!!!! 

E, por suposto, cantamos e bailamos!!!! 🎵🎶💃😍