28/09/23

GHOST DIVING SPAIN

 Hoxe o noso alumnado tivo a gran sorte de coñecer aos membros de GHOST DIVING SPAIN, que se atopan en Viveiro estes días facendo un traballo co Comité Científico de Actividades Subacuáticas. www.ghostdivingspain.org.

Con esta actividade o alumnado coñeceu de primeira man a problemática das redes pantasma perdidas ou abandoadas no mar. Ademáis, coñeceron e manipularon o seu material de traballo, bucearon a moita profundidade dentro dun pecio coa axuda dunhas gafas de realidade virtual, coñeceron diversos materiais fabricados a partir da reciclaxe das redes e plásticos recuperados, e mesmo se atreveron con algunha actividade artística!













11/09/23

CURSO 2023-2024

 BENVIDO CURSO 23-24!!!!

Comezamos un novo curso con moita enerxía e moitas ganas de aprender xogando!




23/06/23

22/06/23

II ROMARÍA COVASMOLA

Para rematar o curso, o último día celebramos a "II Romaría Covasmola": organizamos diferentes estacións de xogos preparados polo alumnado, polas que ían rotando cada 20 minutos:


1- Aros musicais:






Tiro en catapulta:





3- Ollo cos churros:





4- Patios dinámicos con diferentes zonas:

     - Slackline:





    - Circuito con diferentes vehículos:





    - Zona de xogos (xadrez-damas, ping-pong, 4 en raia, Jenga, birlos, diana, parchís):









E para rematar a festa, contamos con Karaoke!!! Que ben cantan e que ben o pasamos na nosa Romaría!!!! 🎤🎶🎵