16/06/23

DA HORTA AO PRATO. COVASMOLA 2.0. PARTE 2: MERCADO DE PROXIMIDADE

 Para facer as receitas saudables, necesitabamos máis ingredientes e decidimos mercalos nos pequenos comercios de proximidade. Para obter os "cartos Covasmola" e poder mercar, retomamos os rexistros de hábitos saudables (alimentación, sustentabilidade e mobilidade) que esta vez tiñan que conseguir por grupo-aula.


Lolo, a mascota da biblioteca, achegou a cada grupo a receita que ía elaborar cos ingredientes necesarios que tiñan que mercar:


Unha representación do alumnado de cada receita saíron a mercar aos establecementos colaboradores (Ultramarinos Ángeles, Froitería Calpita, Carnicería Juan e e Panadería Orixes) que estaban identificados cun logo de "Establecemento colaborador Covasmola".


O resto do alumnado quedou no centro elaborando adornos para a apertura do "Mesón Covasmola".

O alumnado de Educación Infantil fai a sobremesa: mandalas e brochetas de froitas e batido:




O alumnado de primeiro ciclo fai as bombas de saúde a bebida enerxética e o pan chapati que servirá como base para a pizza:





o segundo ciclo fai unha ensalada de polo e outra de atún:




O terceiro ciclo elabora a pizza sobre o pan chapati e a tortilla:




Unha vez mercados todos os ingredientes só queda cociñar e comer!!!!

15/06/23

DA HORTA AO PRATO. COVASMOLA 2.0. PARTE 1: SEMENTE E RECOLLEITA

 Para finalizar o curso este mes de xuño, fixemos unha actividade seguindo o PDI deste curso: "Da horta ao prato. Covasmola 2.0". O alumnado traballará cos alimentos, dende que os sementan na horta ata que chegan aos nosos pratos.

Esta actividade divïdese en tres partes:

- Parte 1: semente e recolleita.

- Parte 2: mercado de proximidade.

- Parte 3: cociñado e degustación.

Nesta primeira parte, ao longo do curso, o alumnado foron prantando distintos alimentos (cenorias, apio, leitugas,...) primeiro no sementeiro e despois no horto escolar e foron regando e coidando os froitos ata a súa recollida, antes do cociñado.









13/06/23

USO RESPONSABLE DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS

 O alumnado de 5º e 6º, recibiu unha charla sobre o uso responsable de internet e as redes sociais, dentro do programa "Navega con rumbo" da Consellería de Educación.

09/06/23

A TÚA BANDA VAI AO COLE 2.0

 Hoxe recibimos a visita da Banda de Música o Landro de Viveiro, coa actividade "A túa banda vai ao cole 2.0" para o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria. Escoitamos a súa música, participamos con eles/elas e puidemos probar os instrumentos 😍😍😍







07/06/23

OBRADOIRO DE ROBÓTICA CON PAOLA GUIMERANS

 Hoxe, o alumnado de Primaria, tiveron un obradoiro de robótica para coñecer e traballar co Scratch, Code Monkey, Beebot e Makey Makey. Pola tarde o profesorado recibirá tamén unha formación.









06/06/23

CONTEXTOS DE APRENDIZAXE: TELE COVASMOLA!!!

 O alumnado de 5º e 6º, explícannos como é traballar por Contextos de Aprendizaxe no noso cole: