26/04/19

MARÍA ROLLE "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS"

     E para remtar as celebracións tivemos unha presentación MOI ESPECIAL.
 María Rolle Ínsua, a mestra de lingua inglesa do centro , presentou na nosa Biblioteca o libro que acaba de publicar: 
                           "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS" 
 que ilustra María del Carmen Pernas Fraga, tamén mestra de lingua inglesa pero no Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
 
 
 De súpeto, no medio da presentación apareceron tres piratas, recén saidos do libro que nos convidaron a cantar con eles a bonita canción .....................

 

 Que ganas de lelo nos entraron a tod@s.
 Parabéns, María e grazas por agasallarnos con esta preciosa historia. 


DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

23 de abril, Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor. Celebramolo durante toda a semana Nas aulas traballaron de xeitos diferentes pero cun tema común...os libros.
Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixeron unha foto cun LIBRO E UN AMIGO/A e así saíron de guapos/as.
Na aula de inglés leron o libro BROWN BEAR, BROWN BEAR... un clásico que disfrutaron con Madison, a nosa auxiliar de conversa e  algúns nenos/as que tamén se animaron.


24/04/19

BRAIS MOURE NO COLE

Brais Moure, o contacontos,falounos de Antón Fraguas e a súa Galica Máxica a través das árbores e da importancia de coidar a natureza. Ensinounos diferentes polas de árbores: teixo, acivro, loureiro... e contounos moitas cousas das xacias e como prantar unha árbore nunha bota.

16/04/19

SEMANA SANTA VIEIRO

Estos son os programas da Semana Santa de Viveiro feitos polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria dentro do PDI da biblioteca "Descubrindo Viveiro".
 A Semana Santa de Viveiro foi declarada de Interese Turístico Internacional no 2013.


14/04/19

LUIS PARDO OBRADOIRO DE RADIO

O venres os nenos e nenas de 5º de primaria participaron nun obradoiro de Radio na biblio a cargo de Luis Pardo titulado "O micro non morde".
 Luis Pardo é xornalista e traballa na radio ( SER) . Primeiro faloulles dos 4 puntos fundamentais para traballar nunha radio: a voz, o son, a música e o silencio.
Despois traballaron os catro elementos: a voz con diferentes intensidades e en distintas situacións (evento deportivo, musical, entrevista, noticias do cole, novas musicais...).
Escoitamos unha gravación de "El gran apagón" no que os sons e os silencios forman parte importantísima para expresar medo, angustia, soidade...
Luis contounos anécdotas do seu traballo e ao final visionamos un video sobre unha entrevista a Antonio Banderas.
Os nenos e nenas aprenderon moito con este gran profesional.


Obradoiro de radio-Luis Pardo



 


 A propósito... xa temos LOGO e nome para a nosa RAdio na biblio.

O nome é ..............Radio Covas
O logo................. a vindeira semana!!

ENTREVISTA Á DIRECTORA E REXEDORA DO PROXECTO LÓVA

O proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) estase a desenvolver no noso colexio na clase de 4º de primaria.
Os nenos e nenas de 5º a través da nosa radio (RadioCovas) fan unha entrevista á directora e rexedora da Compañia de ópera Diamante.
Non perdades palabra porque é unha entrevista moi interesante.