13/06/25

AS HERBAS DE SAN XOÁN DE COVAS

Enmarcamos esta actividade dentro do noso PDI da Biblioteca "Florece Covasmola".

En Covas celebramos o San Xoán, por iso traballamos esta tradición recollendo as sete herbas de San Xoán entre todas as aulas: fiúncho, herba luísa, fento macho, romeu, xesta, herba de San Xoán e malva, deixámolas toda a noite a remollo con auga da fonte, custodiadas pola nosa Rosalía e o venres pola mañá lavamos a cara cumprindo coa tradición!

Cada aula fixo un mural para expoñer o vindeiro luns e explicar ao resto do alumnado todo o que aprenderon sobre cada herba.

Que vivan as nosas tradicións e que viva o San Xoán de Covas!!! 🔥🔥🔥

 

 

12/06/25

TELE COVASMOLA PROGRAMA 6: "ENTRE PATIOS, LIBROS E NIKITA"

Último programa deste curso onde o alumnado de 5º e 6º fala do patio, dos libros recomendados e fan unha entrevista a Nikita.



AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Este curso, participamos na campaña "Aquí tamén se fala galego" para promover o uso do galego nos establecementos da contorna. O alumnado de segundo de Primaria tivo hoxe a misión de explicar esta campaña polas tendas da zona e poñer os adhesivos. Por suposto tamén os temos postos no noso cole!

Grazas a todos os establecementos participantes, non puidemos visitar máis por falta de tempo, pero continuaremos o curso que vén:

  •  Obradoiro Tradicional Orixes.
  •  Bodegas Ribeirao.
  •  Froitería Calpita.
  •  Estudio de fotografía Bylau.
  •  Administración de Lotería La Paloma 2.
  •  Libraría Lendas.
  •  La Vivariense.
  •  Froitería Eva.
  •  Carnizaría Juan.
  •  Mercería Silvia.
  •  Libraría FP.
  •  Frutas José.

 


11/06/25

PRIMEIROS AUXILIOS DA MAN DA "CRUZ ROJA"

Onte e hoxe, tivemos a sorte de contar con voluntarias da "Cruz Roja" que ensinaron a todo o alumnado de infantil e primaria a actuar ante unha emerxencia. Aprendemos un montón, fixemos prácticas e recibimos un diploma de "Socorristas por un día".

Grazas ás voluntarias da "Cruz Roja" pola súa paciencia e por ensinarnos a salvar vidas!!! 😍😍😍
















01/06/25

MAIOS 2025 🌺🌸🌷

O pasado venres celebramos Os Maios no cole. 🌼🌸🌺

Fixemos un pequeno maio de papel que decorou o alumnado con flores feitas nas aulas.

A choiva deunos un respiro e puidemos desfilar polo patio cantando a canción "O maio" que ensaiaron na aula de música coa profe Soco. 😍😍😍

E rematamos cantando e bailando tod@s xunt@s moitas das nosas cancións tradicionais en galego! 🎤🎵🎶














O alumnado de 3º e 4º fixo uns autorretratos que decoraron con flores. Que artistas!!!! 💖