13/05/25

EXCURSIÓN Á CORUÑA 3° E 4°

Onte, o alumnado de 3º e 4º de Primaria saíron de visita a coñecer o Museo Domus e o Aquarium Finisterrae na Coruña. 

Aprenderon un montón sobre o noso corpo e os nosos mares, ademáis de pasalo xenial!!! 🐙🐚🐟🐠😍😍




















STOP MOTION CON RAFA SÁNCHEZ

 Dentro do programa Biblioteca Creativa, este luns o alumnado de 1º e 2º de Primaria, participaron nun obradoiro sobre STOP MOTION impartido por Rafa Sánchez, director do CEIP A Lama de Pontevedra.

Aprenderon moito sobre esta técnica!!!

09/05/25

TELE COVASMOLA: PROGRAMA 1 "DÍA DAS ARTES GALEGAS"

Desde a Biblioteca Creativa en colaboración con Polos Creativos, xurde a Tele Covasmola: un total de 6 programas para conmemorar o mes das Letras Galegas onde se da a coñecer á comunidade educativa algúns dos traballos realizados polo centro este curso dentro do Proxecto Documental Integrado "Florece Covasmola".

Parabéns a todo o alumnado polo traballazo realizado!!!! 😍😍😍

O primeiro programa está adicado ao "Día das Artes Galegas".

07/05/25

LECTURA E FAMILIAS

 Desde a Bibliocovas propuxeron ás familias facer unhas Lecturas Teatralizadas dentro de Lectura e Familias.

Tivemos dúas representacións: 

- Unha o xoves 24 de abril onde Dani, Martiño e a súa nai Lucía representaron "Carabela" de Paula Carballeira.

- Outra o 6 de maio, onde Alba representou dous contos: un para infantil "O mostro de cores" e outro para primaria "A xoia interior"

Grazas familias!!!!

PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O alumnado de 3º a 6º de Primaria, participou na actividade "Pasando a bóla, xogando para cambiar", levada a cabo polo grupo A Xanela do Maxín promovida pola Consellería de Educación, onde participaron como actores e actrices representando e dando solución a diferentes formas de acoso escolar e traballando na súa prevención.