31/10/24

SAMAÍN 2024 🎃⚰️💐☠️

Para celebrar o Samaín fixemos unha chea de actividades:

- Decoramos o cole con motivos de Samaín.

- Fixemos un cemiterio onde enterramos os nosos medos e levamos as flores feitas con material de refugallo.

- Moitos nenos e nenas trouxeron colares de zonchos seguindo as nosas tradicións.

- Fixemos actividades terroríficas nas aulas.

- O alumnado de 5º e 6º foi ler contos de medo ao resto das aulas do cole.

- E, por suposto, cantamos e bailamos!

FELIZ SAMAÍN 



















25/10/24

DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 DE OUTUBRO

Para conmemorar o "Día das Bibliotecas", o equipo da nosa biblio, preséntannos o novo PDI deste curso: "Florece Covasmola", onde as flores serán as protagonistas e serán portadoras de coñecementos e emocións.






A primeira flor que nos presentan é a Flor de Loto Azul, que representa o coñecemento e a sabiduría. As colaboradoras da biblioteca fixeron unha presentación marabillosa que levaron ás aulas:


















24/10/24

OBRADOIRO DE RECICLAXE ♻️

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de EP, asistiron a un obradoiro sobre reciclaxe onde practicaron a clasificar o lixo no seu contedor axeitado.










PLAN DIRECTOR

 Este xoves, o alumnado de 5º e 6º de EP, recibiron unhas charlas moi interesantes sobre "Acoso escolar" (5º) e "Ciberseguridade" (6º) dentro do Plan Director.






08/10/24

OBRADOIRO ROBÓTICA

 Durante as xornadas de luns e martes, o alumnado de 6º de E.I. e toda Primaria, asistiron no cole a un obradoiro de robótica onde tomaron contacto con este mundo tan fascinante e descubriron un montón de cousas!!!! 🤖🤖🤖