24/01/24

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, o alumnado de 3º de E.P., recibiu unha visita moi especial: unha cadeliña chamada Vilma!!! Con ela, a súa dona e terapeuta Rosa e dous usuarios de ASPANANE, aprenderon un pouquiño da Lingua de Signos e viron como os animais adestrados coma Vilma, poden servir de apoio terapéutico.

Grazas Vilma por deixarte acariñar tanto e grazas a Rosa e a ASPANANE por compartir esta experiencia con nós!!! 🐕😍














17/01/24

OBRADOIRO DE AUGAS DE GALICIA

 Hoxe, o alumnado de 5° e 6° de EP, asistiron a un obradoiro impartido por Augas de Galicia onde aprenderon sobre as inundacións, as súas consecuencias e a importancia de coidar os nosos ríos e o seu entorno. 













09/01/24

NADAL COVASMOLA: FÁBRICA DE XOGOS

E chegou un dos días máis esperados: a nosa festa de Nadal!!!! 🎄🎅😍

Convertemos o cole nunha gran Fábrica de Xogos chea de elfos!!!! O xogo da continuidade este curso ao noso PDI de centro: Covasmola 3.0. Durante o mes de decembro, rexistramos as merendas saudables e íamos enchendo uns recipientes con auga para sacar a frote ao noso Lolo. O traballo en equipo sempre da bos resultados e conseguimos superar o reto!!!

Colocamos varias estacións de xogos dentro do cole e, para acceder a eles, tiñan que resolver un reto en equipo e gañaban unha peza dun quebracabezas co logo Covasmola 3.0. Todos os equipos conseguiron completalo!!!

As estacións de xogos foron as seguintes:

1. Xogos de azar.

2. Xogos de memoria.

3. Xogos de movemento.

4. Xogos TICs.

En primaria, a maiores, había outras dúas estacións:

5. Xogos de estratexia.

6. Xogos de coñecemento.

Tamén tivemos a oportunidade de entregarlles as nosas cartas aos Reis Magos e visitounos Papá Noel.