30/11/23

BILLAR AMERICANO CO PROGRAMA "XOGADE"

O alumnado de 5º e 6º de EP, visitou as instalacións do "Clube de billar Xove" da man do programa "Xogade" para coñecer e practicar esta disciplina. Gustounos moito e non se nos deu nada mal! 👍👌😍










28/11/23

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 N

 Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, creamos un Punto Lila no patio, para dar a coñecer ao alumnado onde os poden atopar e para que sirven. Os colaboradores da biblioteca foron os artífices deste Punto Lila e repartiron tamén chapas feitas por eles/elas e dípticos sobre que é a violencia de xénero, ademais de pulseiras. 








Xunto co proxecto de Voz natura plantouse un Xardín das Lembranzas acompañado dun manifesto en recordo das que xa non están. Elaborouse un mural con "Curas para a violencia" no que o alumnado colocou unhas tiritas con valores e palabras que conseguen sanar a sociedade de violencias.





24/11/23

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Durante o mes de Novembro, fixéronse diferentes actividades para conmemorar o mes da ciencia:

- No terceiro ciclo, traballaron a "Misión Apolo 11" dentro do Contexto Humanístico e "As mulleres detrais da misión Apolo 11".






- O alumnado de 3º de EP investigaron e traballaron sobre as científicas galegas:





- No primeiro ciclo, dentro do Contexto Científico, o alumnado aprendeu sobre o Sistema Solar a través da Realidade Aumentada utilizando as tablets de Polos Creativos:





21/11/23

DÍA DO PIXAMA: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA, 20 N

 O 20 de novembro celébrase o "Día Internacional dos Dereitos da Infancia e Adolescencia" e, para conmemoralo, acudimos ao cole en pixama baixo o lema: "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia". 💗💗💗

Durante a hora de ler, o alumnado de sexto foi ler contos relacionados coa temática ao resto do alumnado, creándose ambientes cálidos e acolledores. No noso cole sentímonos como en familia!!!! 💟💟💟















16/11/23

"O MUNDO DAS ABELLAS": OBRADOIRO DE MEL. VOZ NATURA.

 O alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron a sorte de coñecer, da man de Javier Carreiras e da súa empresa “O poder das flores”, o traballo e utensilios que empregan os abelleiros. Así como todo o proceso que vai dende que as abellas extraen o néctar das flores ata a súa recolección e posterior envasado para comercializar. Puideron ver de primeira man un panel real con mel e facer unha cata de diversos tipos de mel (eucalipto, breixo, castiñeiro e multifloral) recolectado na mariña lucense. 

Algúns/Algunhas ata repetiron e outros cambiaron de parecer sobre o mel. 

Toda unha experiencia diferente que nos encantou.