01/11/23

SAMAÍN

SAMAÍN ZOMBIE 2023

Chegou o Samaín ao noso cole!!!! 👏💀🎃 Para festexalo fixemos unha chea de actividades:

- Pedimos ás nosas familias colaboración para facer unha exposición na cristaleira da entrada do colexio. A idea era facer manualidades en familia coa temática de Samaín, con material de refugallo, seguindo as nosas premisas Covasmola de reciclar e reutilizar. A participación foi extraordinaria!!!!! Grazas familias pola vosa colaboración!!!


- O EDLG ofreceu ás titorías diferentes propostas de material en galego relacionadas co Samaín para utilizar nas aulas (Breakout, libriño do Samaín, fichas de comprensión lectora, actividades con cancións,...)

- O martes 31 fixemos a celebración do Samaín no cole. A temática deste curso foron os "Zombies". O alumnado e profesorado acudimos ao colexio caracterizados con roupa reciclada e reutilizada. Os zombies invadiron o noso cole!!!! Que medo!!!! 😱😱

- Ao longo da mañá fixemos unha "Gymkana Zombie" con catro probas diferentes, dando así protagonismo ao xogo e a gamificación como base da actividade, seguindo as premisas do noso proxecto "Covasmola 3.0". As probas foron as seguintes:

    * "Pesca ollos zombie": tiñan que pescar coas cañas uns "ollos" decorados por eles/elas previamente nas aulas.

    * "Samaín dixital": xogos de robótica e nas tablets con vocabulario e temática de Samaín en galego.

    * "Aros musicais terroríficos": similar ao "xogo das cadeiras" pero con aros e con música de Samaín en galego.

    * "Circuito caza bichos": tiñan que facer un circuito polo ximnasio e, ao final, "cazar" bichos cun zalabardo.

Pasárono xenial!!!!! 

E, por suposto, cantamos e bailamos!!!! 🎵🎶💃😍

31/10/23

RADIOCOVAS

 O alumnado de 5º de EP, fixeron un programa de tradición oral sobre o Outono, traballado no Contexto Lingüístico:

https://radiocovasviveiro.blogspot.com/2023/10/tempo-de-outono.html



26/10/23

CUQUITAS POLA DIVERSIDADE

 O alumnado de 1º e 2º de EP, recibiu a visita de FADAS en colaboración coa Deputación de Lugo co proxecto "Un mundo mellor para as nosas crianzas" co cal preténdese dar a coñecer e sensibilizar ao alumnado sobre a diversidade cultural como oportunidade de aprendizaxe a través das "Cuquitas" (nome que reciben as "Mariquitas" en Cuba").








24/10/23

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas e, no noso cole, inauguramos un novo recanto da Bibliocovas: O recanto das familias 👪📚😍.

 Está situado no hall do cole e todas as familias que o desexen, poden anotarse e levar prestados libros, xogos e mochilas con material para producións artísticas.



28/09/23

GHOST DIVING SPAIN

 Hoxe o noso alumnado tivo a gran sorte de coñecer aos membros de GHOST DIVING SPAIN, que se atopan en Viveiro estes días facendo un traballo co Comité Científico de Actividades Subacuáticas. www.ghostdivingspain.org.

Con esta actividade o alumnado coñeceu de primeira man a problemática das redes pantasma perdidas ou abandoadas no mar. Ademáis, coñeceron e manipularon o seu material de traballo, bucearon a moita profundidade dentro dun pecio coa axuda dunhas gafas de realidade virtual, coñeceron diversos materiais fabricados a partir da reciclaxe das redes e plásticos recuperados, e mesmo se atreveron con algunha actividade artística!













11/09/23

CURSO 2023-2024

 BENVIDO CURSO 23-24!!!!

Comezamos un novo curso con moita enerxía e moitas ganas de aprender xogando!