16/05/23

LETRAS GALEGAS

 Estamos a piques de celebrar un día moi importante para nós: O Día das Letras Galegas. Para comezar a celebrar esta data, fixemos xa varias actividades:

- O alumnado de 6° fixo este mural colaborativo de Francisco Fernández del Riego:


- Nas aulas tamén traballaron este día con diferentes actividades tanto dixitais coma en papel:








- Seguindo a premisa do noso Covasmola 2.0, fixemos unha exposición na cristaleira do cole con palabras en galego que teñen que ver cos sentimentos. Cada aula elaborou dúas palabras e así de bonitas quedaron:













- E tamén tivemos a actuación de Micromina títeres. Canto lles gustou a grandes e peques! 




12/05/23

EMOCIÓNA-T

  Dentro do Contrato Programa Inclúe Emocióna-t e seguindo a liña do noso Covasmola 2.0, este venres, o alumnado do cole tiña unha pequena sorpresa 😊. Cando chegaron, viron as escaleiras decoradas con vinilos cheos das mensaxes positivas que traballaron previamente nas aulas 😍. Na baixada das escaleiras atoparon uns espellos con mensaxes motivadoras para que, cando marchen á casa, se vexan reflexados e queden cunha mensaxe positiva de sí mesm@s! 

Que importante é traballar as emocións!!! Encantoulles!!! 👏👏👏👏











05/05/23

MES DO LIBRO LECTURA E FAMILIAS: LECTURAS ARTÍSTICAS

 Ao longo do mes de abril, levamos a cabo as "Lecturas artísticas" dentro do programa Lectura e familias.


Tivemos a sorte de contar con moitas familias que viñeron a contar contos marabillosos:

- Alba, a mamá de Teo: "A fábrica das etiquetas"



- Alba e a súa mamá: "Bo camiño Valentino":



- Clara e a súa nai: "Sígueme":




- Candela e a súa mamá: "Corre corre cabaciña":



- A familia de Xián cun conto de lobos ao que lle engadiron música:



- A familia de Edu e Jaime: "Ñac ñac" cun teatro de títeres:



- Carmen e a súa nai: "Superheroes da escola":



- Martiño e Dani cos seus pais: "A mellor sopa do mundo":



- Joel, Mateo e a súa nai: "Mochila invisible e "Mellores amigos":



- Sabela, Roque e os seus papás: "Contín contón" e "Oito patas":



- Nico e a súa avoa: "Non fai falta a voz":



- Ibai e a súa nai, a profe Ruth: "Adiviña canto te quero" cun teatro de sombras:



Moitísimas grazas a tódalas familias!!!! 

03/05/23

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 Hoxe, o alumnado de 6º de primaria, participaron no Día da Educación Física na Rúa en San Cibrao, actividade organizada polo Seminario de Educación Física da Mariña, no que participaron 13 centros e e uns 400 escolares. Practicaron diferentes "Xogos urbáns" e pasárono xenial 👏





02/05/23

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 Hoxe celebramos o "Día internacional contra o acoso escolar" e o alumnado de 5º entrevistou na Radio Covas a Andrea Bechlian, especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.