30/01/23

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz, fixemos varias actividades, seguindo o PDI Covasmola 2.0:

Dende o EDLG propuxemos facer o "Whatssap Covasmola": trátase dun "buzón" en forma de teléfono móbil onde o alumnado pode deixar as súas mensaxes de cómo se sinten, se queren contarnos algo, suxerencias para a mellora do cole,... de forma anónima, só poñendo o curso. Fixemos a súa inauguración o Día da paz, pero quedará colocado ao lado da porta de saída ao patio durante todo o curso.




No contexto lingüístico de 5º e 6º fixeron carteis con frases célebres sobre a paz e que colocamos na galería do cole a modo de exposición: 






En infantil, seguindo o proxecto que están a facer sobre o pintor Pablo Picasso, fixeron  uns murais da súa pomba da paz e quedaron así de bonitos: 😍



No contexto lingüístico de 1º e 2º están a traballar as receitas e fixeron unhas deliciosas "Receitas da paz":







E, por suposto, non podía faltar o movemento. Quixemos adentrarnos no Tai Chi, práctica oriental ancestral que mellora a respiración e meditación a través do movemento.



26/01/23

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O alumnado de 6º de Primaria, recibiu hoxe unha charla moi interesante sobre educación afectivo-sexual da man do Dr. Miguel Piñán.



Tamén o alumnado de 5º e 6º fixeron unha campaña publicitaria de sensibilización de diversidade afectivo-sexual.

30/12/22

MERCADO DE EMOCIÓNS

Para rematar o trimestre e dentro do PDI da biblio do cole "Covasmola 2.0", fixemos "Unha viaxe emocionante" a través dun mercado de emocións.



Cada aula veu vestida dunha cor diferente e cun emoji na cabeza asociado a unha emoción:

  • 3 anos: amarelo (ledicia).
  • 4 anos: lila (enfado).
  • 5 anos: branco (vergoña).
  • 1º: negro (medo).
  • 2º: vermello (amor).
  • 3º: laranxa (sorpresa).
  • 4º: verde (calma).
  • 5º: azul (tristeza).
  • 6º: rosa (empatía).

Unhas semanas antes foron selando un pasaporte para acceder ao mercado: gañaban selos coas merendas saudables, recipientes reutilizables e probas de mobilidade.

       

   

Cando chegaban ao mercado, tiñan que pasar pola aduana e selar os pasaportes.



A continuación pasaban polo "Pasapalabra emocionante" con preguntas sobre emocións e tiñan de regalo uns adornos de Nadal feitos polo alumnado.



Despois ían a tirar á diana e gañaban unhas pelotas antiestrés en forma de emoji con distintas emocións.



A continuación pasaban a recoller un agasallo: un libro empaquetado por outr@ nen@ do cole e cunha mensaxe personalizada.



Despois ían rotando por grupos entre a Gymkana, o Túnel de maquillaxe e a sesión fotográfica para elaborar o Catálogo de Xoguetes libre de diferenzas de xénero.









Tamén fixemos a actividade "Curta o bullying" onde, a través da visualización de curtametraxes, intentamos concienciar ao alumnado sobre dita problemática.




Os Reis Magos tamén quixeron vir a visitarnos, recolleron as nosas cartas e trouxéronnos un agasallo. Gracias á ANPA por facelo posible!









Non se nos ocorre mellor xeito de rematar este "Mercado das emocións" que cantando e bailando!! 🎤🎵💃. Tamén cunha gran sorpresa: a visita de Papá Noel! 🎅



21/12/22

FELICITACIÓN NADAL

 FELICITACIÓN NADAL DO NOSO ALUMNADO

O alumnado de 3º e 4º gravaron unhas mensaxes de Nadal, dentro do traballo no Contexto Lingüístico. Bo Nadal a vós tamén, chic@s!!! 🎄🎅



VISITA AO BELÉN

 VISITA AO BELÉN DE VIVEIRO

Hoxe visitamos o Belén xigante de Viveiro. O alumnado de infantil fixo o traxecto en bus e os de primaria camiñando, dentro das actividades pola mobilidade. Canto nos gustan estas actividades!!! 😍