20/12/22

PACO NOGUEIRAS

PACO NOGUEIRAS: "RADIO BULE-BULE"

Hoxe tocou cantar e bailar con Paco Nogueiras e o seu espectáculo "Radio Bule-Bule". 

Gracias á ANPA por achegarnos esta actuación a través da Deputación de Lugo!

Pasámolo bárbaro!!! 🎤📻🎵🎶














RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Dende a biblioteca do centro, achégannos unhas recomendacións lectoras para este Nadal! 📖😍



19/12/22

APALPADOR

Hoxe, o alumnado de infantil, 1° e 2°, recibimos a visita do Apalpador e dos seus axudantes da residencia de maiores Domus VI. A través dun conto, coñecimos a súa historia e cantamos con eles a canción do Apalpador. Moitas gracias pola vosa visita!!!








15/12/22

Mercadillo solidario Domus VI

Hoxe, o alumnado de sexto, visitou o mercadillo solidario de Domus VI. Aproveitando a visita, quixeron saber máis da súa vida na residencia, de cómo festexaban alí o Nadal, das actividades que facían, si seguían os partidos do mundial,... Coma b@s reporteir@s levaron o seu micro e gravaron a entrevista para a radio.

Foi unha experiencia moi enriquecedora! Canto aprendemos d@s nos@s maiores!!!! 😍😍😍










08/12/22

PREMIO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS 2022

 PDI "COVASMOLA" PREMIO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS 2022

O noso PDI "COVASMOLA" acaba de acadar o Premio Nacional de Buenas Prácticas en centros educativos 2022 na categoría de Saúde Integral. 😍



05/12/22

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro, conmemórase o "Día internacional das persoas con discapacidade". Para conmemorar ese día, dende o Contexto Lingüístico o alumnado de 1º e 2º desfrutou un montón co programa “Dálle ao Pico” onde Lolo, a mascota da biblioteca, entrevistou aos nenos e nenas sobre a diversidade funcional. Con esta entrevista descubrimos que o mundo está cheo de persoas, animais e cousas,...que non hai ningunha igual e que todas as diferenzas fan que cada persoa sexa única. 💜💜💜