Este mes, conmemórase o mes da ciencia en galego, nas bibliotecas. No noso cole, tanto en infantil coma en primaria, utilizamos moito as ciencias a través das novas tecnoloxías: mesa de luz, pizarras dixitais, tablets, robótica,...
Hoxe, o alumnado de 6º de E.P., recibiu unha charla sobre o acoso escolar, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna en colaboración coa Policía e a Garda Civil.
O venres 11 celebramos no cole o Magosto e os xogos populares 👏👏👏👏
Durante a semana puxemos polos corredores as castañas que levamos para decorar na casa en familia 😍😍😍
Comezamos a celebración do Magosto co quemáis nos gusta facer: cantar e bailar. Nesta ocasión a canción "Vive o Magosto":
Continuamos cos xogos populares:
En infantil fixeron xogos tan divertidos como o pase misí, o escondite inglés, os zancos, a pita cega e os perindolos.
En Primaria fixéronse equipos multinivel, de 1° a 6° e ían rotando polos seguintes xogos: zancos, chapas, 3 en línea, salto á corda, pita cega, 4 esquinas e pase misí:
E despois de tanto bailar e xogar, chegou o momento de comer as castañas, pero que ricas! 🌰😋👏