13/11/22

Magosto

MAGOSTO 2022 🌰🍁🍂

O venres 11 celebramos no cole o Magosto e os xogos populares 👏👏👏👏

Durante a semana puxemos polos corredores as castañas que levamos para decorar na casa en familia 😍😍😍





Comezamos a celebración do Magosto co que máis nos gusta facer: cantar e bailar. Nesta ocasión a canción "Vive o Magosto":

Continuamos cos xogos populares: 

En infantil fixeron xogos tan divertidos como o pase misí, o escondite inglés, os zancos, a pita cega e os perindolos.












En Primaria fixéronse equipos multinivel, de 1° a 6° e ían rotando polos seguintes xogos: zancos, chapas, 3 en línea, salto á corda, pita cega, 4 esquinas e pase misí: 












E despois de tanto bailar e xogar, chegou o momento de comer as castañas, pero que ricas! 🌰😋👏













E máis fotiños do noso Magosto! 😍🌰🍁🍂



31/10/22

SAMAÍN 2022

 SAMAÍN 2022 👻🎃☠️

Para celebrar o Samaín, este curso adicámolo ás historias, lendas, contos... relacionadas co mar. Convertémonos en mariñeir@s terrorífic@s e a nosa misión era atopar os tesouros agochados polo cole. Para conseguilo, tivemos que traballar en equipo, superar as probas e seguir as pistas agochadas. Tod@s conseguimos os nosos tesouros!!! 📿💎 O traballo en equipo sempre funciona!!!! 👏👏👏













25/10/22

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para conmemorar o día das bibliotecas, o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria, fixeron historias a partir de títulos de contos da biblioteca!!! 😍📕📗📘📙







18/10/22

Superarte

Hoxe, o alumnado de 5 anos, recibiron a visita de Federito, un trevo diferente porque tiña 4 follas. Despois os nenos e nenas puideron convertirse en Federito. Canto aprenderon e que ben o pasaron!!! 🍀🍀🍀😍😍😍

Gracias ao Concello de Viveiro e ao programa SUPERARTE!









10/10/22

Cacharela

 ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Hoxe tivemos a visita da escola de gaitas Cacharela de Covas. O alumnado, de cinco anos ata sexto de primaria, aprendimos moito sobre algúns instrumentos que empregan na escola (cunchas, pandeireta, tambor, bombo, frauta, gaita...), o nome das súas partes e como soan. 

Ademais dous dos nosos alumnos, animáronse a tocar con eles! Bravo rapaces! 👏👏👏
















05/10/22

CORRELINGUA 2022

Hoxe celebramos o Correlingua 2022 en Viveiro co obxectivo de promover o uso do galego tanto na escola como na nosa vida diaria e a defensa do uso da nosa lingua.

Acodimos co alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto, participamos no manifesto e cantamos e bailamos coa actuación do grupo "Pauliña".

FÁLAME!!!