21/06/22

SAÍDA Á PRAIA DE COVAS

O martes 21 fixemos unha saída á nosa praia de Covas, con un montón de actividades, baseadas no noso PDI Covasmola:

- Recollimos lixo.

- Fixemos unha creación artística por grupos.

- Debuxamos a nosa creación.

- Merendamos.

- Tiramos da corda e fixemos castelos na area.

Qué ben o pasamos!!!! 😍👏







20/06/22

DÍA DA MOBILIDADE NO COLE

O luns 20, a piques de rematar o cole, celebramos o día da mobilidade. O alumnado trouxeron os seus vehículos ao cole e utilizaron tamén os dos patios inclusivos. Fixeron diferentes circuitos polo patio. Pasárono xenial e aprenderon que podemos vir ao cole de forma sustentable!!!! 🚴🚲







17/06/22

LECTURAS DE VERÁN: LECTURA E FAMILIAS

Para rematar o curso, as familias viñeron ás aulas a ler contos á clase dos seus fillos/as, dentro do programa Lectura e familias da nosa biblio.

Canto nos tardaba ver ás familias nas nosas aulas!!!! 😄😄😄

































O CHARLATÁN DE COVAS

📖📖  A piques de rematar o curso, publicamos un novo número do noso xornal escolar: O Charlatán de Covas, xornal Covasmola!, este curso en formato dixital seguindo a nosa premisa de coidar o planeta e non malgastar recursos. Neste número podedes ver algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso tanto nas aulas como a nivel de centro.
Esperamos que vos guste!!!!!! 😍😍😍

16/06/22

TRÉMOLA: COMPAÑÍA DE TEATRO

Hoxe desfrutamos da obra "Once a time", da compañía de teatro Trémola que, en inglés e galego, nos contaron fragmentos de contos tradicionais.






I RUTA DIVER COVASMOLA 

O 15 de xuño, realizamos a primeira ruta "Diver Covasmola" preto do noso cole.

Promovemos a inclusión, o traballo en equipo, a solidariedade, os hábitos saudables e a mobilidade.

Qué ben o pasamos!!! 🏃🏃🏃