BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
09/03/21
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
02/03/21
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Dende a Biblioteca do colexio organizouse a seguinte actividade para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:
TEMOS MOITO QUE CHUFAR ÁS NOSAS MULLERES
Esta vez tócanos a nós o cometido de CHUFAR ás mulleres da nosa familia. Escribímoslles cousas bonitas á nosa nai, avoa, bisavoa, tía, madriña... por que elas valen moito.
Sempre nos chufaron a nós (Que guap@ é o meu net@! É o máis estudios@!...)e imos facerlles unha homenaxe con eloxios para elas.
Ademais, na biblioteca hai unha exposición de libros escritos/ilustrados por mulleres.
24/02/21
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Para homenaxear á nosa escritora máis universal, as nenas e nenos de 6º fixeron este video-rap sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
Preme na imaxe
20/02/21
DÍA DE ROSALÍA ( 24 de Febreiro)
No Portal da Lingua Galega, no espazo dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, aparecen recursos moi útiles para facer un interesante repaso da vida e obra de Rosalía de Castro como:
- O genially, elaborado por un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino
- E o vídeo Tik Tak Draw que o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X de Ourense, logo de pedir a autorización dos seus ilustradores, dobrou ao galego, coa voz de Uxía Salgado, alumna de 6.º de Primaria.Contando coa axuda da Fundación Rosalía de Castro e outros membros dos EDLG de Galicia.
María Rolle Ínsua , a mestra de inglés, que xa sabeses que tamén é escritora ( lembrades o seu libro " Esta non é outra historia de piratas") preparounos :
- UNHA RULETA DE PALABRAS E
- UN XOGO DE MEMORIA
A xogar e, como non, aprender.
E para rematar os Bolechas falan de Rosalía
11/02/21
DÍA DA MULLER E AS NENAS NA CIENCIA ( 11 de Febreiro)
Aproveitamos o vídeo da campaña #NoMoreMatildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar o Efecto Matilda para homenaxear a todas as Mulleres científicas e as Nenas que nun futuro tamén queren ser científicas.
As alumnas de 6º, gravaron este vídeo, no que nos mostran a loita das mulleres para poder exercer o seu traballo en tempos nos que estudar unha carreira científica era todo un reto para elas
31/01/21
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o DÍA DA PAZ :
- Gravamos un vídeo da canción IMAGINE de John Lennon en lingua de signos ( americana).
- Creamos un "Mar de desexos": Os nenos e nenas prepararon as súas botellas con desexos por un mundo mellor.








