16/04/18

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

 Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui .
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.




DÍA DO LIBRO INFANTIL

Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.

Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!

PREMIOS ENIGMAS NA BIBLIOTECA

Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Todas as clases que participaron recibiron un Diploma e os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.

Na biblioteca tamén se fixo unha pequena homenaxe ao científico Stephen Hawking.











12/03/18

SEMANA DA PRENSA - VISITA DE IVÁN DÍAZ ROLLE

Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo  deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.

01/03/18

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CENTRO

Relacionado co proxecto da nosa  biblioteca " Aprender a pensar", todos os cursos investigaron sobre mulleres pensadoras, filósofas, ...e elaboraron traballos sobre: María Montessori, Gloria Fuertes, Ada Lovelace, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Victoria Kent e María Zambrano. Con todos fixemos un gran mural.
Nas aulas fixemos un pequeno repaso da figura literaria de Rosalía  e recitamos e escoitamos algunhas das súas poesías.
Tamén participamos na proposta colectiva #AbrideAFiestra da asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega decorando as fiestras cos traballos elaborados.