24/04/16

ACTUACIÓN DE MAXIA

O venres tivemos a visita dos magos Jorge e Kiko Carrolo da asociación de magos AMAM que deleitaron coa súa actuación aos nenos e nenas do colexio con motivo do Mes da Maxia na Mariña.
Este espectáculo  entra dentro das actividades desenvolvidas no proxecto da biblioteca deste curso sobre "Os seres fantásticos" e ademais para conmemorar o Mes dos Libros dunha maneira "máxica".


21/04/16

PALABRAS NOSAS- EXPOSICIÓN NO CENTRO

Estamos en pleno Mes dos Libros poñendo en marcha diferentes actividades para os nenos e nenas do colexio.
Ademais temos montada a exposición sobre o proxecto deste curso que levamos a cabo xunto cos centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña. O proxecto no centro leva o título de "Palabras nosas" e son numerosas as familias que están a colaborar. Os traballos son moi variados e creativos. Grazas a todos pola vosa colaboración!
Aquí temos algunha foto da exposición... menudos artistas!!





17/04/16

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."




IV CENTENARIO DA MORTE DE  Miguel de Cervantes.


No noso colexio imos rendirlle unha homenaxe a Cervante cunha "Busca do tesouro" e unha representación teatral polos alumnos e alumnos de 5º curso de primaria.

08/04/16

NOVO PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA

Os centros educativos integrantes da  Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto  deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e  para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.
Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial  e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos  o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!

Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com


As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com

21/03/16

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O noso colexio participou un ano máis na conmemoración no Día Mundia da Árbore e da Auga que celebramos o día 18 de marzo e organizado pola Diputación.
Este día ás 12 da mañá, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria prantaron unha árbore, un carballo que chamaron POLITA.
Asemesmo dende a Diputación enviaron un libro para o alumnado de Infantil e Primaria ( O castiñeiro dos desexos para Primaria e Érase unha vez un castiñeiro para Infantil) relacionados cos ciclos da auga e da árbore e as Reservas da Biosfera Luguesa.