O alumnado de 4º participou hoxe na actividade “Un mar de diversidade”, unha saída moi especial na que puideron coñecer de preto distintas capacidades e realidades persoais a través de xogos e actividades manipulativas.
O proxecto ten como obxectivo fomentar a empatía e o respecto polas diferenzas, enmarcando o concepto de diversidade na variedade de pesca e de persoas que existen na nosa contorna. Durante a xornada, os nenos e nenas experimentaron algunhas das dificultades ás que se enfrontan as persoas con discapacidade, reflexionando sobre a importancia de valorar e apoiar a diversidade en todas as súas formas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que nos axudou a mirar o mundo con outros ollos e a comprender que a diferenza sempre suma!
Ningún comentario:
Publicar un comentario