Este xoves, o alumnado de infantil foi de visita a San Cibrao. Aproveitando que están a facer un proxecto sobre as olimpiadas, visitaron as pistas de atletismo e, como o tempo non acompañou, fixeron diferentes xogos relacionados coas olimpiadas dentro do pavillón, organizadas polo profe Brais.
Despois visitaron o museo do mar onde aprenderon un montón de cousas sobre os nosos mares e as especies que viven neles e quedou tempo para comer e pasalo xenial xogando xunt@s no parque!!! 😍😍😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario