Para conmemorar esta data, fixemos varias actividades no centro. O EDLG proporcionou ás titorías material en galego con esta temática: marcapáxinas, actividades con mulleres galegas salientables, murais, escritura creativa, genially, cancións,...
- O alumnado de 5º fixo este póster colaborativo que colocamos na cristaleira do cole:
- O alumnado de 3º elaborou uns marcapáxinas e fixeron unha entrevista a unha muller admirable da súa vida:
- No contexto lingüístico de primeiro ciclo, elaboraron a biografía de mulleres viaxeiras que, ao igual que Willy Fog, deron a volta ao mundo dalgún xeito:
- O alumnado de infantil, nun dos recantos, traballou na zona Maker da nosa biblio, coas mesas de luz e a robótica, e coñeceron varias mulleres importantes da nosa historia:
- En 3 e 4 anos fixeron uns traballos preciosos sobre as súas nais, as mulleres máis poderosas das súas vidas:
- Con motivo do Día Internacional da Muller (8M) , o alumnado de 5º de Educación Primaria convidou a Nuria Lestegás ao colexio para facerlle unha entrevista. Esta actriz da Mariña forma parte do gran elenco de actores e actrices que interpretan o seu papel na recente película "O Corno". Grazas á súa entrevista, o alumnado puido coñecer algúns aspectos relacionados co cinema galego e tamén,darse de conta de que o traballo de actriz é moito máis que o que se ve diante das cámaras, é preciso moito traballo previo como ocorre en calquera profesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario