A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída
no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do
libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e
homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano o homenaxeado é:
Ricardo Carvalho Calero
Se queredes xogar un pouco e de paso coñecer ao persoeiro homenaxeado aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO (Para os maiores)
"Escape Room" de Alba Carril ( CPI de Vedra) e Ana Sánchez ( CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Seredes capaces de atopar as cifras da clave que abre o maletín coa recompensa final. SORTE!
RICARDO CARVALHO CALERO (Para os pequenos)
Xogo de Alba Carril
Anímaste a resolver os retos?
SEIMARIO GALÉN:
Podes escoller entre traballos para imprimir ( no libro verde), actividades en liña( libro azul) e un albúm de fotos ( libro vermello)
PRIMAVERA DAS LETRAS
A Real Academia Galega ofrece material lúdico e didáctico.
Actividades interactivas e fichas descargables para xogar e aprender.
AS PITAS BAIXO A CHOVIA
Conto, música e unidade didáctica da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
PREGUNTOIRO MUSICAL De José Manuel López Cabana.
UNIDADE DIDÁCTICA DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LINGUA
CALENDARIO LETRAS GALEGAS INFANTIL Do CEIP Eusebio da Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario