Dentro do proxecto da biblioteca:
COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA
estamos a traballar a COMIDA SAUDABLE.
Os alumnos e alumnas de 6º fixeron un programa especial. Entrevistaron a avós e avoas para saber Como celebraban eles o Entroido cando eran pequenos.
Ademais tivemos o enorme pracer de recibir a varios avós/avoas na nosa biblioteca e facer as entrevistas en DIRECTO.
Pero o traballo non rematou aí.O alumnado de 6º dividido en equipos prepararon unha presentación da celebración e comidas do Nadal en diferentes países (Xapón, Brasil, Italia, Estados Unidos, China e Rusia).
Estas son as fotos do evento e en pouco tempo teremos o podcast e os videos.
Agradecemos enormemente a colaboración aos avós/as de: Ariadna, Ana, María, Aldara e Marina.Moitísimas grazas
OS AVÓS/AS EN RADIOCOVAS from Radio Covas on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario