05/12/12

OLLOS DE AULA


 PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á PÁXINA DA CGENDL
 
Chega o mes de decembro co Nº 3 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta son algúns dos contidos que atoparedes neste   Ollos de aula, unha revista que medra co voso apoio e as vosas propostas, que podedes achegar ao correo  ollosdeaula@gmail.com.
Non esquezades que podedes adaptala ao voso centro e ao voso contorno, respectando o deseño orixinal, e que podedes difundila de moitas maneiras, tal e como xa estades facendo:
  • Imprimíndoa e enviándoa a todas as familias.
  • Facendo unha “subscrición” das familias e enviándolla a aquelas que se mostren interesadas, ben por por correo electrónico ben impresa en papel.
  • Imprimíndoa e deixándoa nos espazos do centro nos que se reciben ás nais e aos pais.
  • Imprimíndoa e deixándoa no contorno do centro (salas de espera, bibliotecas públicas, bares...)
  • Enviándoa á ANPA do centro para que a coñeza e distribúa (vía e-mail)
  • Enviándoa ás Federacións de ANPAS dos concellos e ás concellerías de educación.
  • Subíndoa á páxina web do centro en formato dixital.
  • Colgándoa no blogue do Equipo e outros blogues do centro (Orientación, Biblioteca...).
  • Enviándoa e repartíndoa entre os/as vosos/as compañeiros/as do centro escolar e doutros colexios e institutos.
  • (...) E como estades facendo no voso centro?


Ningún comentario: