29/01/26

"Desexos compartidos" DÍA DA PAZ 2026

Con motivo da celebración do Día da Paz, no noso centro levamos a cabo a proposta “Desexos compartidos”, unha iniciativa na que o alumnado, xunto coas súas familias, reflexionou sobre valores como a convivencia, o respecto e a esperanza.

O vídeo que vos presentamos é o resultado deste proxecto, no que se recollen os desexos expresados con ilusión e agarimo!

Queremos agradecer ás familias a súa implicación e participación, el@s fixeron posible esta actividade tan especial...

Dende o Covasmola, desexamos que os vosos desexos se fagan realidade e sigamos camiñando xuntos cara a un mundo mellor.

Bo DÍA DA PAZ!