28/02/25

ASOCIACIÓN ENKI: MURAL LSE E BRAILLE

Este xoves recibimos a visita de voluntarios da asociación ENKI que, xunto co alumnado de 5º e 6º de primaria, pintaron un mural no patio co alfabeto dactilolóxico e traballaron o sistema Braille, co fin de achegar a todo o alumnado estas formas de comunicación.








23/02/25

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO

Para conmemorar o Día de Rosalía e o Día da Lingua Materna (21/02/2025), este venres e durante toda a semana, o alumnado do cole fixo varias actividades: 🌹🌹

- Coñeceron a vida e obra de Rosalía.

- Fixeron diferentes obras plásticas.

- Traballaron os seus poemas.

- Fixeron rosas onde escribiron versos do libro "Parece unha rosa" que levaron na solapa este venres.

- O alumnado de terceiro de primaria recitou "Parece unha rosa" que gravamos en vídeo e proxectamos o venres nas aulas.









13/02/25

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Para conmemorar o Día Mundial da Radio, desde Radiocovas fixeron un programa de noticias no contexto lingüístico, que publicaron tamén en PONTE NAS ONDAS!!! 📻📻📻

RADIOCOVAS

En infantil tamén conmemoraron este día facendo unhas cintas de cassette cun código QR onde escoitar unha versión moi especial da canción "What a wonderful world".


01/02/25

OBRADOIROS ENTROIDO

Este venres 31 de xaneiro, comezamos os obradoiros para elaborar os disfraces do Entroido dentro do PDI deste curso "Florece Covasmola".

Para iso, repartímonos en seis grupos interniveis (con alumnado desde 3 anos ata 6º) e cada grupo elabora un disfrace diferente.

Canto nos gustan estes obradoiros!!!! 💚💚💚🎉🎊