30/01/25

SEMENTANDO A PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da Paz e a non violencia no cole coa actividade "Sementando a Paz"

Seguindo a temática do noso PDI "Florece Covasmola", cada aula preparou un centro de flores onde escribiron palabras e frases para fomentar a paz na escola, cos compañeiros e compañeiras. 

Desde a biblioteca, as súas colaboradoras, propuxeron facer lirios brancos e levaron a cada clase un libro coa temática da paz para ler tod@s xunt@s.

E, por suposto, tamén bailamos pola paz!!! 💖💖💖












 





















10/01/25

RADIOCOVAS: FLORECE COVASMOLA POLO NADAL

O alumnado de 5º, recopilou toda a información das actividades que se fixeron no centro durante o mes de decembro dentro do Proxecto Documental Integrado: "Florece Covasmola" e realizou este fantástico podcast:

FLORECE COVASMOLA POLO NADAL

07/01/25

CELEBRACIÓN DO NADAL

 O último día de cole do 2024, celebramos o Nadal por todo o alto!

O Equipo de Biblioteca coa colaboración dos demais equipos do cole e de toda a comunidade educativa, preparou o "Salón Florece Covasmola". A nosa biblio foi engalanada coma un salón de baile vienés e o alumnado agasallou aos Reis Magos cuns valses para a ocasión. Para iso, fixemos uns obradoiros antes do baile para lucir as nosas mellores galas e tamén posamos no photocall preparado no salón:


















Tamén recibimos a visita dos Reis Magos que nos recibiron no cole ao entrar e despois estiveron na nosa biblioteca collendo as nosas cartas. 👑👑👑










E tamén recibimos a visita de Papá Noel que veu en coche descapotable e bailamos con el! 🎅