O proxecto Petiscos de Galicia deu comezo! Trátase dun podcast intercentros sobre a gastronomía galega no que participou o alumnado de 4º de Educación Primaria, investigando e traballando sobre receitas tradicionais de distintas zonas de Galicia.
No noso caso, decidimos escoller como receita da nosa contorna o pan dos Apóstolos, un doce tradicional moi ligado á Semana Santa de Viveiro. O alumnado investigou sobre a súa orixe, os ingredientes necesarios para a súa elaboración e a importancia desta receita dentro da nosa tradición gastronómica. A partir desta investigación, prepararon e gravaron o seu propio podcast en galego, compartindo todo o aprendido.
Este proxecto permitiunos traballar a expresión oral, a investigación e o coñecemento da nosa cultura e tradicións gastronómicas, ao mesmo tempo que colaboramos con outros centros educativos.
Moi pronto poderemos escoitar o resultado final deste podcast colaborativo, no que participan diferentes centros, e tamén coñecer a versión escrita das receitas nun libro conxunto creado entre todos os participantes do proxecto. Unha maneira moi saborosa de aprender e compartir cultura galega!
LIGAZÓN AO PODCAST: https://go.ivoox.com/rf/169330444


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)