Hoxe, 30 de outubro, festexamos no noso cole o Samaín despois de varios días de preparativos, decoracións e moita ilusión.
Os nenos e nenas bailaron no patio todos xuntos, nun momento cheo de música e diversión. Bruxas, monstros, lobos... movéronse que mete medo!
A continuación, chegou a hora de ler, un dos momentos máis especiais do día: escoitáronse as historias creadas co cole CEIP Santa Rita de Galdo, nas que os dous coles compartiron imaxinación para dar vida a historias de Samaín únicas.
Tamén desfrutamos cos videos do Contexto Lingüistico, onde escoitamos os conxuros do alumnado para converter ás mestras en lobos!
Para rematar, cada neno e nena contou a súa historia ou leu o libro ao resto da clase. Foi un día cheo de maxia, medo e creatividade. Bo Samaín!

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

