14/12/24

CORRESPONDENCIA INTERCENTROS

O alumnado de 6º de Primaria, iniciou este curso unha correspondencia por carta co alumnado de 6º do CEIP Carrasqueira de Vigo onde intercambian información sobre os seus coles, as súas vilas, aficións, gustos, comidas favoritas, series, películas, videoxogos, libros, deportes, os seus amigos,... e todo iso en galego!!!

Unha oportunidade estupenda para coñecer outros coles e facer novas amistades!


12/12/24

MERCADILLO SOLIDARIO DOMUS VI

Coma cada ano, participamos no mercadillo solidario da residencia de anciáns Domus VI a favor da campaña de recollida de xoguetes da "Cruz Roja", aportando adornos de Nadal para o mercadillo e coa visita do alumnado de 6º de Primaria.

Que importante é para nós participar coas asociacións e entidades locais, sobre todo neste tipo de iniciativas solidarias!!! 💖💖💖








 

09/12/24

PROXECTO "CARTAS SOLIDARIAS"

A través da conta @alegriaeducativa, coñecimos esta iniciativa das "Cartas solidarias" para felicitar as festas ao alumnado dos coles afectados pola Dana.

O alumnado de infantil e de 2º de Primaria escribiron as súas postais conxuntas con moito agarimo para enviar ao alumnado da Escola Infantil Xipixop de Catarroja en Valencia. 

Que importante é inculcar na rapazada este tipo de actividades solidarias desde a infancia!!!! 😍😍😍



05/12/24

VISITA GUIADA A VIVEIRO

Este mércores, o alumnado de 5° e 6° fixo unha visita guiada por Viveiro, organizada pola nosa ANPA. Aprenderon moito sobre a nosa historia e descubriron un montón de curiosidades da nosa vila. 

Grazas á ANPA por esta actividade! 😍