20/12/24

LECTURA E FAMILIAS: "Á LUZ DA CANDEA"

Este luns, o alumnado do cole representou un conto por aula para as familias e despois fixemos un obradoiro de candeas, dentro do programa Lectura e familias da nosa Bibliocovas. Un grupo de "xornalistas" acreditados/as de sexto, documentaron todo o proceso en vídeo e por escrito e no seguinte enlace está o resultado.

Estes contos forman parte das recomendacións lectoras da nosa Bibliocovas para o Nadal.

Gracias ás familias por asistir, a acollida foi enorme!!! 👏👏👏

Á LUZ DA CANDEA 

19/12/24

SAÍDA AO BELÉN DE VIVEIRO

 Este mércores todo o cole fixemos unha camiñata ata o Belén xigante de Viveiro, o alumnado de Primaria foi camiñando e o de Infantil foi en autobús. Canto nos gusta visitar todo o que nos ofrece a nosa contorna!!!! 💚💚💚















17/12/24

VISITA DO APALPADOR

Hoxe, o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria, recibiu a visita do Apalpador, escoitaron con atención a súa historia, cantaron con el e entregáronlle as súas cartas.

Grazas aos usuarios e traballadores da residencia de anciáns Domus VI por facer posible un ano máis esta pequena convivencia entre os nosos maiores e as nosas crianzas!! 😍😍








FELICITACIÓNS DE NADAL

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, elaborou no Contexto lingüístico unhas felicitacións de Nadal con moito agarimo para enviar por correo a ASPANANE e ao centro de maiores Domus VI. Esperamos que as reciban con moita ilusión!!!


14/12/24

CORRESPONDENCIA INTERCENTROS

O alumnado de 6º de Primaria, iniciou este curso unha correspondencia por carta co alumnado de 6º do CEIP Carrasqueira de Vigo onde intercambian información sobre os seus coles, as súas vilas, aficións, gustos, comidas favoritas, series, películas, videoxogos, libros, deportes, os seus amigos,... e todo iso en galego!!!

Unha oportunidade estupenda para coñecer outros coles e facer novas amistades!


13/12/24

DECORACIÓN NADAL

 Este mes de decembro a nova ANPA do cole fixo un agasallo precioso á comunidade educativa: decoraron todo o cole con motivos de Nadal!!! Quedou precioso!!! Grazas á nosa ANPA, xuntos somos un equipo!!!💖💖💖 






Dende Voz Natura levaron a cabo a actividade: "Nadal den residuos", en colaboración coas familias do alumnado decoramos un recuncho na entrada do cole con adornos de Nadal feitos con materiais reciclados. Unha vez máis a colaboración e a creatividade das familias foi asombrosa! Grazas, familias!!! 😍😍😍


12/12/24

MERCADILLO SOLIDARIO DOMUS VI

Coma cada ano, participamos no mercadillo solidario da residencia de anciáns Domus VI a favor da campaña de recollida de xoguetes da "Cruz Roja", aportando adornos de Nadal para o mercadillo e coa visita do alumnado de 6º de Primaria.

Que importante é para nós participar coas asociacións e entidades locais, sobre todo neste tipo de iniciativas solidarias!!! 💖💖💖








 

09/12/24

PROXECTO "CARTAS SOLIDARIAS"

A través da conta @alegriaeducativa, coñecimos esta iniciativa das "Cartas solidarias" para felicitar as festas ao alumnado dos coles afectados pola Dana.

O alumnado de infantil e de 2º de Primaria escribiron as súas postais conxuntas con moito agarimo para enviar ao alumnado da Escola Infantil Xipixop de Catarroja en Valencia. 

Que importante é inculcar na rapazada este tipo de actividades solidarias desde a infancia!!!! 😍😍😍



06/12/24

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: 3 DE DECEMBRO

O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional con varias actividades:

- O alumnado de 6º, fixo un obradoiro de cerámica con ASPANANE. Foi unha xornada moi enriquecedora!!!














- Badir, usuario de ASPANANE e Lara, a concelleira de cultura do Concello de Viveiro, trouxéronnos varios libros sobre o Síndrome de Down para a nosa biblioteca e pasaron un rato moi agradable con nós!




- O alumnado de infantil, aprendeu a facer o seu nome con Braille, fixeron unhas bolboretas pola inclusión e todo o alumnado do cole colaborou para facer unha cartelería para o cole máis inclusiva con pictogramas, alfabeto dactilológico e Braille, que xa temos colacados polas dependencias do noso cole.