O pasado xoves 10 de abril, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata Xove onde, xunto a outros centros da Mariña, desfrutaron dunha xornada de convivencia e Educación Física dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia: fixeron un tramo da Xove Costa Trail, xogos, actividades e degustaron produtos do mar gracias a "Galicia sabe a Mar".
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
12/04/25
04/04/25
EXCURSIÓN DE INFANTIL
Este martes, o alumnado de infantil visitou o Museo Fortaleza San Paio de Narla en Friol: grazas ás guías do museo coñeceron moitos dos costumes e traballos da zona con diferentes aperos de labranza e gandeiros, mobles, roupa e obxectos da época, antigos carros para transportar persoas e ata unha "mazmorra" con cadeas! Tamén subimos á torre do castelo! Grazas por facer tan amena esta visita, aprendemos un montón!!! 😍😍
Despois tivemos tempo para xantar e xogar nun entorno fluvial privilexiado frente ao Castro Friulio!
03/04/25
VISITA DE 3° E 4° A VIVEIRO
Este mércores o alumnado de terceiro e cuarto foi visitar a nosa vila. Da man de Noela descubriron moitas curiosidades que descoñecían.
Grazas á nosa Anpa por facer posible esta actividade!!! 😍😍😍😍
14/03/25
8 M: DÍA DA MULLER
Para conmemorar o Día da Muller desde a nosa biblioteca, propuxéronnos a campaña "Bótalle flores" na que unha muller que nos agarda na entrada da biblioteca recolle os ramos de flor de lavanda coas mensaxes que o alumnado ten para as mulleres.
No patio, as colaboradoras da biblioteca entrevistaron ao alumnado das diferentes aulas para que explicaran por que elixiron esas frases para as mulleres.
PRESENTACIÓN 8 M
11/03/25
TEATRO 8 M, CONCELLO DE VIVEIRO
Este martes, o alumnado de 5º e 6º, xunto con compañeiros/as dos outros coles do Concello, foi ao Teatro Pastor Díaz a ver "a Cincenta que non quería comer perdices", de Sarabela Teatro, promovida polo Concello de Viveiro dentro das actividades do 8 M para a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista. 💜💜💜
01/03/25
ENTROIDO 2025: XARDÍN "FLORECE COVASMOLA"
Este curso, seguindo o noso PDI "Florece Covasmola", fixemos un xardín de Entroido: disfrazámonos de xardiñeir@s, soles, abellas, bolboretas, caraveis, margaridas e camelias. 🐝🌼🌞
As colaboradoras da biblioteca, prepararon unha presentación moi especial para traballar nas aulas:
XARDÍN FLORECE COVASMOLA
Tamén cantamos a nosa Alpuxarrada de Entroido 2025:
E, por suposto, degustamos os doces de Entroido. A choiva estragounos un pouquiño a celebración, pero non as ganas de festa!!!! 🎉🎊🎵🎶🎤