27/11/24

OS NOSOS REFRÁNS DE OUTONO 🍂🍁🍄🌰

O alumnado de 3° e 4° de Primaria, recítannos os refráns de outono que traballaron coas familias para o Magosto. 😍😍😍

Todos os refráns que trouxo o alumnado do cole,  foron encadernados e pasan a formar parte do fondo literario da nosa Biblioteca! 📚📒📖



26/11/24

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, 25 N

Desde a Biblioteca presentáronnos as violetas para conmemorar esta data: 

VIOLETAS 25 N












O alumnado de infantil fixo unhas pulseiras:


Tivemos a visita de Anxo Moure cun obradoiro de corazóns de papel reciclado e un contacontos sobre solidariedade, as guerras e a violencia de xénero:

















20/11/24

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA, 20 DE NOVEMBRO

Para conmemorar esta data, o alumnado de 5º fixo un programa de radio estupendo!!!

Ademais no Contexto Humanístico de 5º e 6º no Recanto Creativo, fixeron un libro sobre os deberes, dereitos e liberdades dos alumn@s.

En Infantil pintaron corazóns cos dereitos da infancia.

https://radiocovasviveiro.blogspot.com/2024/11/dia-internacional-dos-dereitos-da.html



18/11/24

MAGOSTO 24 🌰🌰🌰

O venres pasado celebramos o Magosto no cole!!! 

Durante toda a semana, decoramos os "portacastañas", traballamos o Magosto nas aulas e fixemos "refráns de outono" nas nosas casas con axuda das familias para compartilos despois no cole. 










Tod@s xunt@s bailamos a canción "Vive o Magosto" no patio.






Despois chegou o momento dos Xogos Populares coa presentación e instrucións con Pictogramas en cada estación de xogo para facilitar a accesibilidade a todo o alumnado.































































































E, por suposto, degustamos as castañas co acompañamento da nosa música tradicional grazas a David (pai de Xián), Xián, Xoel, Leda, Sofía e as mestras Rita e Sandra. Canto nos gustou e que ben o fixeron!!!! 👏👏👏😍😍😍