Deixamos unhas recomendacións para desfrutar no verán.
Bo verán!!!! 😎🌞
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Para rematar o curso, o último día celebramos a "II Romaría Covasmola": organizamos diferentes estacións de xogos preparados polo alumnado, polas que ían rotando cada 20 minutos:
1- Aros musicais:
Tiro en catapulta:
3- Ollo cos churros:
4- Patios dinámicos con diferentes zonas:
- Slackline:
- Circuito con diferentes vehículos:
- Zona de xogos (xadrez-damas, ping-pong, 4 en raia, Jenga, birlos, diana, parchís):
E para rematar a festa, contamos con Karaoke!!! Que ben cantan e que ben o pasamos na nosa Romaría!!!! 🎤🎶🎵
Hoxe tiñamos programada a segunda andaina Divercovasmola, esta vez coas familias do noso alumnado, pero o tempo non acompañou e decidimos adaptala ao centro: fixemos unha ruta pequena ao redor do cole andando e correndo e despois bailamos coa compañía dalgunhas familias! 🏃😀
Por fin chegou o día de cociñar e de comer as nosas receitas, coa axuda de Lucas Requejo de Ultralimento. Aquí presentamos o noso menú:
Infantil cociñando a sobremesa de froitas:
Primeiro ciclo cociñando a bebida enerxética, as bombas de saúde e o pan chapati:
O segundo ciclo elaboraron as ensaladas:
O terceiro ciclo elaborou a pizza e a tortilla e colocou todos os pratos para servir no mesón:
Unha vez tiñamos a comida lista, quedaba sentarse no "Mesón Covasmola" e degustar as deliciosas receitas elaboradas polo alumnado. Cada mesa tiña unha peana co menú por un lado e polo outro o nome dos comensais de cada mesa:
O MESÓN COVASMOLA ABRE AS SÚAS PORTAS!!! BO PROVEITO!!!