BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
16/05/14
TRÍPTICO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Este é o tríptico sobre Xosé María Díaz Castro que entregamos ás familias para celebrar o Día das Letras Galegas.
13/05/14
OLLOS DE AULA
DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS (EXPOSICIÓN NO CENTRO)
Estas son as fotos da exposición que temos no colexio dos traballos feitos polas familias para a actividade "Daqueles contos... a novos finais".
Dita actividade realízase conxuntamente coas bibliotecas dos centros educativos da zona da Mariña e ten como obxectivo fomentar o gusto e o hábito da lectura en familia.
Para a semana, a exposición terá lugar no Concello de Viveiro onde poderemos ver os traballos de todos os centros colaboradores.
Agradecemos a participación das familias do noso colexio pola gran orixinalidade e creatividade das súas obras.

LETRAS GALEGAS 2014
![]() |
Debuxo feito por Emma de 5º de primaria |
O colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)
Podes descargar aquí O neno e a estrela
Materiais de uso didáctico: vídeos, audios e recursos diversos de utilidade para as aulas para esta conmemoración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)